María Ramallo visita as obras do acceso e aparcadoiro da piscina municipal
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, comprobou este luns o resultado das obras de accesibilidade acometidas na contorna da piscina municipal que levan xa varias semanas finalizadas e en uso.
As obras consistiron na creación dunha beirarrúa, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a modernización da iluminación pública, o acondicionamento do estacionamento de vehículos, a rehabilitación superficial do pavimento da calzada da vía, o axardinamento da zona e a implantación dunha sinalización adecuada.
A alcaldesa estivo acompañada do concelleiro de deportes Antonio Traba e juntoa atenderon as peticións que no lugar realizáronlle algúns veciños da contorna.
María Ramallo lembrou que está en marcha un novo proxecto de pavimentación do carril principal da Barriada de san Pedro "que se une ás melloras que de maneira constante realízanse nesta contorna".