Marín dá os últimos pasos para as concesións do bar de Portocelo e a xestión da piscina municipal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín encara os últimos pasos administrativos para adxudicar a explotación do bar restaurante na praia de Portocelo e está á espera de coñecer o informe económico por parte da mesa de contratación para a concesión de servizos da piscina municipal.
BAR DE PORTOCELO
No primeiro dos casos, unha vez que xa finalizou o prazo de presentación de ofertas para a explotación do servizo público do bar na praia de Portocelo, procédese á convocatoria, o vindeiro venres día 13 de abril ás 9.30 horas, da mesa de contratación para a apertura da documentación requirida.
Presentáronse tres ofertas que aspiran a este contrato administrativo especial que terá unha duración desde a súa adxudicación e firma de dous anos, cunha posibilidade de prórroga de dous anos máis.
PISCINA
O pasado xoves tivo lugar a reunión convocada da Mesa de contratación encargada da apertura das seis ofertas presentadas polos licitadores que queren competir na adxudicación do contrato.
O futuro adxudicatario terá a xestión deste servizo público por un período de cinco anos.
Relacionadas:
-
María Ramallo visita as obras do acceso e aparcadoiro da piscina municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín aproba en pleno os pregos que regulan a nova concesión da piscina municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín prepara unha nova concesión para a piscina municipal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín saca a concurso a explotación do bar de Portocelo por 245 euros ao mes
Por Redacción |