Os campamentos de verán de Marín rematarán cunha festa
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A próxima semana terminan os campamentos de conciliación organizados polo Concello de Marín no Sequelo, Seixo e Mogor.
Máis de 300 nenos e nenas, repartidos en catro quincenas, gozaron de festas temáticas, xogos acuáticos, saídas á praia e á Finca de Briz, xogos circenses, entre outras actividades que fan que os cativos desfruten ao aire libre e coñezan novos amigos.
Este ano, ademais, incluiuse un monitor para cubrir as necesidades especiais tal e como solicitaron varias familias, e desta maneira lograr o obxectivo de que a conciliación sexa integral.
Agora se está a traballar na festa de fin de campamento, ao igual que se fixo o ano pasado, para que todos os que asistiron en calquera das catro quincenas, acompañados das familias teñan unha xornada de despedida.
A festa farase no Sequelo, o venres 31 de agosto entre as 11:30 e as 14:00 horas, donde cada familia aporta algún prato de comida ou refresco.