Suspenden a feira ambulante do vindeiro sábado 25 con motivo do Campionato de España de Tríatlon
Por Redacción
A celebración do Campionato de España de Tríatlon de Longa Distancia vai levarse a cabo o vindeiro sábado 25 nun circuíto situado na contorna da Xunqueira. Esta competición implica o desenvolvemento dun plan de tráfico por parte da Policía Local e, ao mesmo tempo, a organización obriga a suspender a actividade comercial do mercadillo da feira ambulante na rúa Rafael Areses, que se celebra os sábados.
Un grupo de vendedores lamenta que non se lles avisase con antelación e consideran que desde o goberno local prímase a actividade deportiva en lugar do traballo. Sinalan que estas suspensións están a levarse a cabo de maneira habitual con diversas competicións deportivas durante os últimos anos. Estes comerciantes indican que son autonómos e reclaman outra localización para poder instalar os seus postos durante esa xornada.
Lamentan que ninguén do Concello ofrécelles explicacións sobre esta suspensión nin tampouco lles aportan alternativas ante as perdas económicas que van sufrir.
Relacionadas:
-
Máis de 350 persoas van velar para que todo saia perfecto no Campionato Nacional de Tríatlon
Por Anxo Lourido |
-
O PSOE pide unha alternativa para evitar suspender o mercado ambulante
Por Oskar Viéitez |
-
O tríatlon obriga a trasladar Ponte Coqueta á praza da Peregrina
Por Redacción |
-
Os alcaldes do Umia, molestos ao enterarse pola prensa do corte da N-550 polo tríatlon
Por Natalia Puga |
-
Operativo de tráfico con motivo das probas de tríatlon
Por Redacción |
-
Saleta Castro encabeza a inscrición do Nacional de tríatlon de Longa Distancia en Pontevedra
Por Diego Espiño |