Poio rozou o cheo de ocupación turística durante a primeira quincena de agosto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Durante o mes de agosto Poio desborda de turistas. Así se desprende dos datos de ocupación feitos públicos pola concellería de Turismo correspondentes á primeira quincena do mes de agosto.
Segundo estes datos, os aloxamentos do municipio rexistraron unha ocupación media do 95% durante a primeira metade do mes turístico por excelencia.
Nese tempo foron ademais 2.850 as persoas que se achegaron ata as oficinas de turismo municipais, o 94% deles de orixe nacional.
A procedencia máis habitual dos turistas era a Comunidad de Madrid (23,40%), seguida de Andalucía (18,64%), País Vasco (17,39%) e a Comunidade Valenciana (9,39%).
Doutra banda, a enquisa que habitualmente se realiza aos visitantes deixa constancia de que os principais motivos para visitar Poio son a singularidade de Combarro e a gastronomía, así como a natureza e a cultura en xeral.