O 'Xantar da terceira idade' da Lama reúne 375 comensais
Por Redacción
O tradicional 'Xantar da Terceira Idade' que organiza o Concello da Lama na Carballeira das Ermitas reuniu este sábado a un total de 375 persoas pese á intensa calor rexistrada en toda a comarca do Verdugo-Oitavén.
A comida estivo amenizada pola Charanga Os Encerellados, de Campo Lameiro, que ofreceron aos asistentes o seu habitual repertorio a base de cancións de moda.
O alcalde da Lama, Jorge Canda, mostrouse moi satisfeito pola gran cantidade de persoas que participaron neste evento a pesar das altas temperaturas regitradas que se foron intensificando a medida que chegaba o mediodía.
Esta celebración adoita ser unha cita obrigada para que os maiores do municipio e os residentes no exterior protagonicen un reencontro estival. É, ademais, o peche das distintas celebracións e actividades que pon en marcha o Concello da Lama durante a súa Semana Cultural e que este sábado tivo na Festa do Río cun concerto de Os Coribantes, Óscar Ibáñez e Tribo un dos seus espectáculos.