A Policía local detén un home que trapicheaba na rúa San Román
Por Redacción
Axentes da Policía local de Pontevedra detiveron un home de 34 anos ao que se acusa de ter cometido un delito contra a saúde pública.
A operación desenvolveuse durante o día 7 de maio cando o home que conta con antecedentes por feitos similares se encontraba na Praza de Barcelos nunha actitude sospeitosa que chamou a atención dos axentes. O home dirixiuse á rúa San Román xunto á Praza da Ferrería e alí realizou a entrega dun envoltorio que contiña unha substancia que despois se comprobou que era cocaína a cambio de diñeiro.
Tras realizar a operación, a policía interveu e detivo o home como presunto vendedor de substancias estupefacientes, segundo informaron fontes policiais.