Rescatan un sendeirista na Fracha tras perderse coa caída da noite
Por Redacción
A Garda Civil rescatou este venres un sendeirista que se perdera no monte da Fracha.
Segundo relata o corpo de seguridade o sendeirista, un veciño de Pontevedra de 28 anos de idade, saíu ao monte para gozar da xornada pero viuse sorprendido pola caída da noite quedando totalmente perdido e desorientado.
Tras recibir o aviso do 112 e do 091 dúas patrullas desprazáronse ata A Fracha e usando a súa vehículo oficial, lanternas e mesmo o flash dos seus teléfonos lograron localizar ao xoven.
Debido ao complicado da orografía, un dos gardas sufriu rasgaduras por unha caída cando baixaban co auxiliado, tendo que ser atendido nun centro de saúde aínda que sen maiores complicacións.