Falece un home en Vilagarcía ao quedar atrapado debaixo dun tractor
Por Redacción
Un persoa perdeu a vida este venres en Vilagarcía de Arousa por mor dun accidente co tractor que manexaba.
O suceso tivo lugar no número 8 do lugar do Outeiro, na parroquia de Cornazo.
Segundo informa o CIAE 112 Galicia, tivo constancia do ocorrido a través das chamadas do 061 e dun particular ás 18:30 horas, indicando que un home quedara atrapado baixo un tractor.
O 112 deu aviso do accidente aos Bombeiros do Salnés, Garda Civil e Protección Civil.
Unha vez no lugar, o persoal de Urxencias Sanitarias conseguiu liberar ao home, de 57 anos de idade, pero xa non puido facer nada por salvarlle a vida.