Ferido leve un ciclista tras ser atropelado na rotonda do Nó do Pino
Por Redacción
Arredor das 11 da mañá, un turismo atropelaba un ciclista no ámbito da rotonda do Nó do Pino nas proximidades da Avenida de Vigo, segundo informaba o servizo de emerxencias do 112.
O home de 50 anos foi trasladado por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario para ser tratado das contusións sufridas que, inicialmente, non parecían graves.
Ata a zona do accidente trasladáronse axentes da Policía local e membros de Protección Civil de Pontevedra.