Onde hai fume non sempre se atopa lume
Por Redacción
Pasadas as 11:30 da mañá deste sábado 11, unha dotación de Bomberos saía do Parque de Pontevedra cara á rúa Pintor Laxeiro. Recibiran a alerta de que no número 60 se iniciara un incendio. Tamén varios axentes da Policía municipal se achegaron ata a zona da que procedía a alerta. Non obstante, o incendio non era tal.
No domicilio, unha casa antiga que habitualmente se encontra deshabitada, os propietarios acudiran e aproveitaran a xornada para acender a cociña de leña. Segundo os propios bombeiros, o tiro da cociña non funcionou como debería e o fume comezou a expandirse.
Foi necesaria a ventilación da vivenda por parte da dotación dos bombeiros pero non se rexistrou ningún incidente de gravidade nin foi necesario evacuar o inmoble.