A CIG acada a maioría absoluta de delegados no comité de Aludec Stamping
Por Redacción
O sindicato CIG será maioritario no comité de empresa de Aludec Stamping, compañía pontevedresa do sector da automoción situada no polígono industrial do Campiño. Logrou tres dos cinco representantes que se escollían.
A candidatura da CIG colleitou un total de 40 apoios entre os 72 traballadores con dereito a voto, fronte aos 15 da UGT, que logrou dous delegados. CCOO conseguiu nove votos, quedando sen representación.
Esta era a vez primeira que se escollían representantes para o comité, xa que con anterioridade a empresa contaba unicamente con delegados de persoal.
Dende a federación de Industria da CIG de Pontevedra valoran moi positivamente o resultado do proceso, ao tempo que agradecen o apoio recibido por parte dos traballadores. Aseguran que continuarán a defender os dereitos laborais do conxunto do cadro de persoal.