O xerente dos centros sanitarios públicos evita garantir a continuidade do servizo de pediatría en Barro
Por Redacción
Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro, mantiña un encontro este xoves co xerente dos Hospitais públicos de Pontevedra, Xosé Ramón Gómez, coa intención de que lle resolvera as dúbidas sobre unha posible unificación do servizo de pediatría de diversos concellos da comarca de Pontevedra, unha decisión que poñería en perigo o sericio actual que se ofrece en Barro.
A pesar de que Abraldes transmitiulle a preocupación sobre este tema e a necesidade de que se manteña pediatría para atender a un importante número de menores do municipio. Con todo, o xerente indicou que aínda desde o SERGAS non se tomou unha decisión sobre a reorganización deste servizo sanitario.
Outro dos temas expostos centrouse na construción dun novo edificio para o Centro de Saúde. Neste caso, Xosé Ramón Gómez comprometeuse a que despois do verán solicítese un informe dos servizos técnicos da Consellería sobre a viabilidade da parcela que o Concello reservou para este equipamento. Se o informe é favorable, o xerente indicou que se empezará a planificar a construción dese novo Centro de Saúde, demandado en Barro.
DENUNCIA DO SINDICATO MÉDICO CESM
Por outra banda, o sindicato médico CESM denuncia que o SERGAS está a deixar sen consultas ata oito días ao mes a varios centros de saúde no verán en Galicia, algúns deles situados no itinerario do Camiño a Santiago.
Segundo denuncia este sindicato, un médico desta medida provoca a saturación doutros centros de saúde provocando que un médico véxase obrigado a consultar a 70 pacientes ao día. Sinalan que a Consellería de Sanidade non planificou a cobertura das vacacións dos facultativos en diversos puntos da comunidade autónoma, entre eles, a provincia de Pontevedra.