Comeza a recollida de sinaturas para reclamar á Xunta un novo Centro de Saúde en Barro
Por Oskar Viéitez
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, mantivo este luns un encontro cos responsables socialistas do Concello de Barro no comezo da campaña de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta un novo Centro de Saúde.
Os socialistas de Barro queren que se constrúa un novo Centro de Saúde que permita superar a situación "límite" da sanidade pública neste municipio. Advertiron que hoxe non se cobren as baixas nin as vacacións do persoal sanitario nun centro que ademais suma importantes problemas estruturais.
Apuntaron neste sentido da nula accesibilidade dun Centro de Saúde que carece de ascensor, no que os facultativos non poden introducir as camillas nas consultas, polo que se ven obrigados a atender aos pacientes nos rellanos. Reclamáronlle á Xunta que recupere as labores de mantemento dos centros de saúde municipais xa que, lembrou, trátase dunha competencia autonómica.
Julio Torrado presentou as propostas socialistas para "recuperar a calidade perdida na sanidade pública" logo dos "recortes drásticos" aplicados polo goberno de Núñez Feijóo.
O responsable socialista reclamou así "un Plan de Persoal que remate coa precariedade que está a poñer todo o sistema sanitario nun estado crítico".
Torrado advertiu que a sanidade pública galega ten un índice de precariedade do 26 %, "mentres a única resposta do conselleiro é que é o que hai, hai que traballar por horas e por días".
Relacionadas:
-
Barro pide unha reunión con Sanidade para coñecer os plans para o futuro centro de saúde
Por Redacción |
-
Concentración silenciosa en Barro ante as deficiencias do Centro de Saúde
Por Redacción |
-
O xerente dos centros sanitarios públicos evita garantir a continuidade do servizo de pediatría en Barro
Por Redacción |