O helicóptero da DGT caza dous arousáns conducindo as súas motos de xeito temerario
Por Redacción
Dous mozos de 26 e 25 anos de idade, veciños de Vilanova e A Illa de Arousa respectivamente, foron sorprendidos polo helicóptero Pegasus da DXT pilotando as súas motos de maneira temeraria e poñendo en grave risco a circulación do tráfico.
Segundo informou o instituto armado, ambos foron xa notificados que se lles investigará penalmente por varios delitos contra a seguridade viaria.
Os dous pilotos circulaban a gran velocidade por distintas estradas na comarca do Salnés, poñendo en risco as súas vidas e a dos demais usuarios ao efectuar adiantamentos temerarios, en tramos de liña continua e sen gardar as distancias mínimas de seguridade.
Esta situación, xa de por si perigosa, agravouse máis cando os dous pilotos desprendéronse das placas de matrícula das motocicletas ao verse sorprendidos pola tripulación do helicóptero, incrementando a gravidade das manobras e os riscos da condución para poñerse fóra do alcance da aeronave.
Tras alertar ás patrullas de Tráfico, os dous mozos foron localizados e identificados.
Estes condutores, lembra a Garda Civil, enfrontaranse a unha pena de prisión de tres a seis meses, multas económicas, traballos en beneficio da comunidade e, en calquera caso, á retirada do carné entre un e catro anos.