Obras na rede de pluviais pechan dous días ao trafico a rúa Estrada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Obras de mellora e mantemento da rede de pluviais da rúa Estrada, obrigan a pechar a rúa a partir das 10.00 horas deste xoves 18 de outubro no tramo comprendido entre Rodríguez Seoane e San Amaro.
A previsión que manexa o Concello e que a rúa poderá volver abrirse ao tráfico o venres. Mentres duren estes traballos, a Policía Local desviará o tráfico da zona cara a rúa Rafael Dieste, Pintor Laxeiro e Xoán Carlos I (no caso de dirixirse á parte leste da cidade).
A Policía Local autorizará o paso a residentes, garantirá o acceso aos garaxes e xa ten alertado do feito aos autobuses escolares que acoden ao colexio Sagrado Corazón, afectado polo corte.