Bueu quere recuperar as imaxes históricas das festas locais
Por Redacción
O goberno de Bueu ten decidido desenvolver unha iniciativa co obxectivo posto en recuperar a memoria fotográfica das festas que tradicionalmente eran organizadas en lugares e parroquias.
Desta forma, desde o Concello buscan a participación das asociacións establecidas no municipio para elaborar un 'Álbum Festeiro' coa idea de recrear as sitaucións destas instantáneas durante eses actos festivos que se van desenvolver entre finais de xullo e agosto.
Aquelas persoas que conten con fotografías das celebracións en Ermelo, Ons, Beluso e Cela poden envialas a través do correo electrónico comunicacion@concellodebueu.gal para que se dixitalicen a través do traballo da fotógrafa Alba Sotelo.
Este proxecto continuará durante as festas a través de micropezas teatrais do grupo de teatro Comediantes Anónimos, do IES Johán Carballeira.
As festas comezarán en Ermelo o sábado 21 de xullo e seguirán en agosto en Beluso o 15; en Ons o 18 e en Cela o 25. Nelas se realizará un recoñecemento colectivo ás figuras da mulleres e homes que foron referentes destas festividades.