O helicóptero medicalizado do 112 desprázase ata Caldas ao caer un home dun andamio
Por Redacción
O helicóptero medicalizado do Servizo de Emerxencias do 112, con base en Santiago de Compostela, desprazábase na tarde deste martes ata Caldas de Reis para trasladar a un home que se caeu dunha estada.
Segundo informa o 112 Galicia, o accidente rexistrábase ao redor das 18.30 horas, cando o operario precipitábase desde unha altura de dous metros, no lugar de As Cortiñas, en Carracedo.
A vítima foi trasladada a un centro hospitalario para o tratamento das feridas que se ocasionou na caída. Na intervención participaron efectivos de Protección Civil de Caldas e axentes da Garda Civil.