O luns empeza o asfaltado da estrada entre a Autovía do Salnés e Cambados
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas comezará a partir deste luns as obras de reforzo de firme na vía de altas prestacións que comunica a autovía do Salnés en Ribadumia, con Cambados e Vilagarcía de Arousa.
As actuacións obxecto desta intervención consisten na realización de reparacións localizadas nos treitos máis deteriorados pola circulación viaria nesta estrada autonómica, cun investimento do departamento de Infraestruturas da Xunta de preto de 670.000 euros.
As obras que se iniciarán este luns comezarán coa rehabilitación do firme na VG -4.2, entre a saída da autovía do Salnés aos concellos de Ribadumia e Cambados e continuarán pola VG-4.3, que discorre polos concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A intervención inclúe o reforzo do firme ao longo de toda a estrada, de 4,39 quilómetros. Os traballos consisten na extensión dunha nova capa de firme en toda a sección, incluíndo carrís e beiravías.
As tarefas programados pola Xunta nesta estrada autonómica continuarán a facerse tamén na VG-4.3, Cambados (PO-300)- Vilagarcía de Arousa (N-640). As obras que discorren polos concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova de Arousa se executará ao longo de toda a estrada, de 8,19 quilómetros.
Na execución destes traballos inclúese tamén a reposición completa da sinalización horizontal de ambos tramos e a mellora da sinalización vertical.
Estas obras, que dispoñen dun prazo de execución de catro meses, buscaran minimizar a influencia na circulación do tráfico e afectar no mínimo posible ao mesmo.