Adxudicadas as obras da Rolda Leste a unha empresa ourensá que presentou unha oferta de 1.287.000 euros
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación aprobará este venres a adxudicación das obras da Rolda Leste de Pontevedra, que levará a cabo a empresa ourensá Coviastec SL. Esta empresa presentou unha oferta de 1.286.905 euros, unha baixada de case o 25% sobre o orzamento de licitación.
Está previsto que as obras comecen de forma inminente e terán un prazo de duración máximo de nove meses. 21 empresas presentáronse a esta concurso de adxudicación. O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, considera que esta nova vía será moi funcional xa que mellora o acceso ao hospital Montecelo e evitará que os usuarios acurten a través de pistas e camiños sen capacidade para soportar o tráfico creando molestias aos residentes na zona.
A Rolda Leste terá unha lonxitude de 970 metros cunha única calzada e dous carrís de circulación de 3,50 metros cada un. Tamén contará cunha senda peonil para ciclistas e peóns de catro metros de longo para os tránsitos peonís e ciclistas na contorna.
O proxecto iníciase na glorieta existente na PO-542 (Piñeiro- Bora) á altura do antigo establecemento de Muebles Juviol. A nova vía tomará dirección nordés ata chegar á estrada provincial EP-0003, onde se construirá unha nova rotonda. O trazado finalizará nunha terceira rotonda sobre a estrada PO-532 nas proximidades á Cidade Infantil Príncipe Felipe e ao Hospital Montecelo.
Está previsto que esta estrada soporte unha media de 5.000 vehículos diarios.
Relacionadas:
-
A Rolda Leste entrará en funcionamento en maio
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
En marcha as obras de construción da Rolda Leste
Por Redacción |
-
As obras da Rolda Leste espertan o interese de 21 empresas
Por Redacción |
-
O goberno provincial aproba a licitación das obras da Rolda Leste
Por Redacción |
-
A Rolda Leste, entre O Marco e San Amaro, reformúlase co dobre de orzamento e máis lombos
Por Redacción |