A plataforma SOS Sanidade Pública concéntrase contra a corrupción sanitaria
Por Redacción
Este mércores 13 de xuño, decenas de cidadáns concentrábanse na praza da Peregrina con motivo do acto de protesta convocado pola plataforma SOS Sanidade Pública para reivindicar a defensa dos servizos públicos de sanidade. Baixo o berro de "non, non, non á privatización", os manifestantes pediron un cambio de política neste sector.
Este colectivo mantén os seus actos de protesta derivados do que entenden é unha perda de recursos na sanidade pública en Galicia en beneficio dos hospitais privados.
Denuncian prácticas de corrupción sanitaria relacionadas coas políticas privatizadoras que se desenvolven na xestión dos servizos de saúde públicos a cargo da Xunta de Galicia.
Sinalan que, neste sentido, están a pecharse camas nos hospitais públicos e séguense a perder recursos tanto humanos como materiais nos distintos centros de Galicia e en concreto, nos de Pontevedra.
Estas concentracións tamén levaron a cabo nas principais cidades de Galicia, coa intención de paralizar a nova Lei Galega de Saúde, que para SOS Sanidade supoñerá a perda da participación social sobre as decisións sanitarias que se adopten na comunidade.