A Xunta repintará a travesía urbana da PO-308 en Portonovo
Por Oskar Viéitez
A Xunta repintará a travesía urbana da PO-308 en Portonovo. As obras contan cun orzamento de 36.211 euros, IVE incluído, cun prazo de execución dun mes.
O obxectivo destes traballos é reordenar o aparcamento existente de xeito que se aparque marcha atrás para mellorar a seguridade viaria nas manobras de aparcamento.
Por outra banda, levarase a cabo tamén o desprazamento dos pasos de cebra para separalos dos carrís centrais de espera, protexéndose mediante o pintado dun cebreado previo ao paso de peóns, para mellorar a súa visibilidade.
A maiores, reducirase o ancho de carrís, mediante o pintado dunha zona central e repintado do aparcamento en liña para dotalo de máis ancho que o actual, e completarase a actuación coa instalación de balizas e de sinalización vertical.