A Xunta, aberta a "escoitar" os proxectos de ENCE para unha planta de biomasa, pero "no seu momento"
Por Redacción
O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, protagonizou este luns o seu primeiro acto institucional en Pontevedra dende a súa toma de posesión cunha visita ao espazo emprendedor da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Alí referiuse á aprobación da Lei de Costas e a incerteza que xerou entorno á permanencia da factoría de Ence en Lourizán.
Conde non quixo facer unha valoración directa á influencia da nova Lei de Costas sobre a permanencia da pastera na Ría de Pontevedra e eludiu a pregunta directa da prensa asegurando que "creo que non hai que vincular os distintos proxectos e, nese sentido, o que é a reforma da Lei de Costas, esa hipótese haberá que formulala no seu momento".
Si asegurou que dende a Xunta "estamos dispostos a escoitar todos os proxectos que Ence poida desenvolver en Galicia", aínda que "no seu momento", non na actualidade.
Con eses proxectos referiuse á "posibilidade de que se poida desenvolver en Calicia unha planta de biomasa por parte de Ence". Unha vez máis, "será un aspecto que terá que valorarse no seu momento".