A Brilat recibe unha reprodución da carta de Juan de la Cosa
Por Redacción
O xeneral xefe da Brilat, Antonio Romero Losada, recibiu de mans dunha representación da Asociación "La Carta de Juan de la Cosa" unha reprodución do mapamundi confeccionado polo famoso cartógrafo, cuxo orixinal foi terminado de debuxar en El Puerto de Santa María no ano 1500, e que se exhibe no Museo Naval da Armada en Madrid.
Esta reprodución, de 1982, foi a primeira que se fixo a tamaño natural e en cores, ten unha medida de 185 centímetros, 92 de ancho e ocupa 212º do total da circunferencia do globo terráqueo. Foi feita para conmemorar o IV centenario do Descubrimento de América, por Cánovas, Vallejo e Traynor.
Juan de la Cosa, navegante e cartógrafo cántabro, dono da Nao Santa María, participou na primeira viaxe de Colón e en seis posteriores viaxes a terras americanas.
Como consecuencia das súas viaxes confeccionou este mapamundi, no cal aparecen representadas Europa no seu conxunto, o mar Mediterráneo, África, Asia e, por primeira vez na historia, o continente americano.