Os Gardacostas requisan aos furtivos 116 quilos de peixe e marisco nas rías de Arousa e Pontevedra
Por Redacción
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron 116 quilos de peixe e marisco en distintos operativos realizados nas rías de Arousa e Pontevedra na última semana.
Na ría de Arousa, os inspectores da Xunta fixéronse con máis de 65 quilos de distintas especies, 4 aparellos e 1.500 metros de artes de enmalle. O operativo máis importante foi o realizado na zona de Punta Faxilda, que resultou co comiso de 33 quilos de centola e 3 de lumbrigante e coa incautación dos 1.500 metros de artes de enmalle e dun viveiro de ferro.
A maiores, na ría de Pontevedra os axentes requisaron 164 aparellos, 1.750 metros de miños e 51 quilos de distintas especies. A actuación máis destacada levada a cabo nesta ría resultou coa incautación de 86 nasas, 750 metros de artes de enmalle e máis de 16
quilos de diversas especies.