Incautan 35 quilos de percebe que estaban a ser vendidos na rúa
Por Redacción
Axentes da Policía Autonómica incautaron preto de 35 quilos de percebe que unha persoa estaba a vender en plena rúa, na cidade de Pontevedra.
Segundo informou a Consellería de Presidencia, o home levaba o percebe no interior do maleteiro do seu coche, dentro de catro contedores isotérmicos portátiles.
No momento que foi interceptado, estaba a proceder á venda de diferentes cantidades de percebe.
Tras levantar a correspondente acta de infracción, os axentes remitiron o marisco comisado ao comedor benéfico de Marín.