Os donos de cans en Marín convocan unha nova marcha de protesta para o vindeiro sábado 11
Por Redacción
O colectivo de donos de cans de Marín indignados pola decisión do concello de Marín de prohibir a baixada á praia dos animais realizarán unha nova manifestación o sábado 11 de maio ás 12 do mediodía dende o edificio consistorial ata Portocelo. Alí concentraranse para debater ideas que despois queren trasladar á concelleira de Medio de Marín, Marián Sanmartín. A edil sinalou que, a pesar das protestas, se manterá a prohibición de que os cans baixen ás praias durante o período estival. Non obstante, dende o concello de Marín tamén se indicou que durante o inverno si está previsto que se permita que as mascotas poidan pasear polos areais.
Este grupo de veciños tamén formou durante os últimos días a asociación Cansdomar a través da cal queren canalizar as súas reivindicacións en defensa dos cans da vila. Durante a concentración en Portocelo tamén debaterán sobre os próximos actos que van realizar.
CAMPAÿA DE OS PALLEIROS
A protectora de animais de Os Palleiros de Pontevedra tamén puxo en marcha unha iniciativa para solucionar o problema da alimentación dos cans que se encontran no recinto da protectora a través da recollida de tapóns de plástico.
Recolleránse nas instalacións de Campañó e en diferentes locais da cidade como, entre outros, a Taberna Zentola, Dr. Livingstone, Pousada Indiana, Hotel Avenida, Libraría Cronopios ou Ximnasio Gimsport.
Tamén se pode doar penso directamente ou ingresar 11 euros nesta conta corrente: 2080 - 5406 - 82 - 3040132779. Con esa cantidade comerán todos os cans da protectora durante un día.