Tras o paso pola 'chanson' francesa das décadas dos 60 e 70, 'El club de la esquina' salta do país galo ata Italia. Tino Domínguez trae para esta ocasión outro programa melódico, propicio para o romanticismo e os recordos; ou símplemente para o goce dos artistas que quedaron marcados na historia da música italiana.
Artistas que non só deixaron o seu sinal na canción, senón tamén no cinema e a televisión como Adriano Celentano, Gianni Morandi, Massimo Ranieri, Rita Pavone, o Domenico Modugno -que ata pasou pola política-.
Nomes, como o de Modugno, vencellados aos festivais de San Remo e Eurovisión, o mesmo que Gigliola Cinquetti, Nicola Di Bari, Toto Cutugno e o grupo Collage.
Albano Carrisi, Claudio Baglioni, Mina Mazzini, Gianni Bella co seu mítico 'Non si può morire dentro', ou 'La bambola' de Patty Bravo, están na selección que podes escoitar en PontevedraViva Radio, aderezados por momentos co compositor e director italiano Annunzio Paolo Mantovani.