A depuradora de Ribadumia porase en servicio no verán
Por Redacción
A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ribadumia porase en funcionamento o vindeiro verán, o que significa unha importante mellora no saneamento da ría de Arousa.
Así o anunciou este sábado o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acompañado polo presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, na súa visita á esta localidade.
Esta actuación tivo unha inversión de case oito millóns de euros e dará servizo aos máis de 15.000 habitantes de Ribadumia e a súa área de influenza.
Esta obra, que mellora a calidade da auga do estuario, posto que a depuradora actual non ten capacidade, inclúese no Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 e só ten pendente uns pequenos detalles para o seu remate, como a acometida eléctrica. Concretamente, as zonas que se beneficiarán do novo saneamento son: Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Cambados e Ribadumia, ademais dos polígonos industriais de Tremoedo (Vilanova de Arousa), As Sete Pías (Cambados) e O Salnés (Ribadumia).
Esta actuación foi adxudicada á UTE "Espina Obras Hidráulicas-COVSA", que levou a cabo os traballos en tres fases, a primeira foi a ampliación do bombeo de Barrantes; a segunda a estación depuradora e, finalmente os novos colectores. Na rede de saneamento leváronse a cabo obras de impulsións, nuns 430 metros e colectores, en 683 metros.