Tallan o cedro centenario da rúa Pastor Díaz
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O cedro do Himalaya dos xardíns da Subdelegación de Defensa, na rúa Pastor Díaz, foi tallado.
Ao longo de toda a xornada do martes unha empresa especializada procedeu á retirada desta centenaria árbore, un labor para a que foi necesaria a asistencia dun guindastre e mesmo dun dron.
Esta árbore non contaba con protección, a diferenza dos outros exemplares de cedro do Himalaya que se atopan nos xardíns de Vincenti e que están catalogados como "árbores senlleiras".
A árbore supoñía un perigo para os transeúntes e os traballadores da Subdelegación ante a inseguridade que ofrecían as súas ramas. Algunhas delas esborralláronse no interior do recinto militar por causa do vento. A talla estaba xustificada nun informe que sinala a súa inestabilidade.
Relacionadas:
-
O Concello deseña un plan para a posta en valor dos cedros do Himalaia dos Xardíns de Vincenti
Por Redacción |
-
Os buxos do Pazo de Quinteiro da Cruz de Ribadumia incorpóranse ao Catálogo Galego de Árbores Senlleiras
Por Redacción |
-
Actuación de urxencia para asegurar o cedro da rúa Pastor Díaz
Por Diego Torrado |