Unha andaina para celebrar a bandeira azul da Calzada
Por Redacción
Dous grupos de sendeiristas participaron este domingo na andaina organizada polo Concello de Ponte Caldelas no marco do programa Patea Tapea.
A terceira saída do ano dentro desta iniciativa centrouse nunha versión ampliada do Sendeiro Azul, ata facer un total de 12 quilómetros de percorrido incluíndo unha visita ao Foxo do Lobo de Laxoso.
O primeiro dos grupos, no que participou o alcalde Andrés Díaz, partiu ás 10:30 da praia fluvial, que vén de renovar a súa bandeira azul.
O segundo pola súa banda fíxoo media hora máis tarde, cos participantes na concentración de furgonetas 'camper' que tiña lugar esta fin de semana no municipio.
Os pasos tradicionais da Fraga e Portasouto, sobre o río Verdugo, foron os elementos máis comentados polos sendeiristas.
Relacionadas:
-
Domingo de bo tempo para tapear e camiñar por Tourón
Por Redacción |
-
A Lama quere a bandeira azul para a súa praia fluvial
Por Redacción |
-
Catro solicitudes para cubrir a última praza vacante de socorrista na praia da Calzada
Por Redacción |
-
Trinta "campers" xuntaranse en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas acondiciona a contorna da praia da Calzada con céspede natural
Por Redacción |