CC.OO. denuncia despedimentos con "impresentables formas" na empresa que limpa a Brilat e a Escola Naval
Por Redacción
O sindicato CC.OO. denuncia que a empresa Cleanet S.L., adxudicataria do servizo de limpeza das instalacións militares de Pontevedra, está a realizar despedimentos e modificación das condicións laborais dos seus traballadores con "impresentables formas de actuación".
Nun comunicado, o sindicato critica que Cleanet S.L. despediu a cinco limpadoras que prestaban servizo na Escola Naval Militar de Marín e ten intención de reducir a xornada laboral diaria en 45 minutos das oito persoas que traballan na base General Morillo da Brilat en Figueirido.
CC.OO. denuncia que no caso dos despedimentos das instalacións de Marín a empresa "nin sequera lles deu carta de despedimiento ás traballadoras" e procedeu a dalas de baixa na Seguridade Social e a comunicalo á Escola Naval que xa non estaban en equipo, de modo que xa non puedden acceder ao seu posto de traballo. Na base da Brilat "está intentado ue as traballadoras acepten de mutuo acordo coa empresa a redución da xornada laboral diaria".
Ante a forma de actuar da empresa, CC.OO. critica que para facerse coa concesión as firmas ofertan á baixo os servizos e quen acaba "pagando as consecuencias de inmediato" son os traballadores.
O Ministerio de Defensa adxudicou o servizo de limpeza da base da Brilat e a Escola Naval a Cleanet en substitución de Limpezas San Froilán. Dadas as críticas que saca á luz, o sindicato pide a Defensa que "esixa á empresa o cumprimento da legalidade", xa que, na súa opinión, "a Administración non debría permitir estas actuacións de auténtica pirataría empresarial que vulneran de forma palmaria a legalidade".