Así é "Mareas Vivas de Lourizán" a curta gañadora do colexio dos Praceres
Por Redacción
"Mareas Vivas de Lourizán", unha curtametraxe do colexio Sagrado Corazón de Praceres, foi a gañadora do primeiro premio no festival audiovisual escolar "Olloboi" na categoría infantil.
O actor Miguel de Lira fixo entrega do premio este venres na gala celebrada nos asteleiros Triñanes de Boiro.
Ao festival audiovisual escolar Olloboi, que acadou a súa octava edición, presentáronse 174 pezas feitas por alumnos e profesores de centros educativos galegos (de formación reglada ou non) dende infantil ata superior.