Arrancan as xornadas gastronómicas de Sanxenxo ata o vindeiro 5 de maio
Por Redacción
"Sanxenxo na Ría", a proposta gastronómica de Turismo de Sanxenxo nace co fin de trasladar a importancia e as calidades dos produtos do mar de Galicia, combinando coa profesionalidade de 12 establecementos da vila.
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, enxalzou este xoves as bondades da ría nas Xornadas Gastronómicas e salientou que esta iniciativa serve para promocionar os nosos produtos potenciando a súa calidade, dende a orixe ata a presentación do prato elaborado.
A titular de Medio Rural e Mar destacou o labor realizado polo Concello de Sanxenxo "pola súa capacidade constante de innovar, por atraer e fidelizar cada día máis aos turistas", dixo.
Neste sentido, tamén valorou o traballo realizado "de cara á posta en valor do sector da pesca e do traballo que desenvolven os seus profesionais cada día".
As xornadas gastronómicas realizaranse ata o vindeiro 5 de maio.