O Hospital Montecelo programa actividades polo Día Internacional da Enfermaría
Por Redacción
O Hospital Montecelo conmemorará o vindeiro venres, día 11 de maio, o Día Internacional da Enfermaría, cunha serie de actividades para destacar e recoñecer o labor esencial destes profesionais na actividade asistencial.
Enfermeiras da Oficina de Coordinación de Transplantes abordarán nunha mesa redonda o papel fundamental que xoga a enfermaría no sistema nacional de transplantes.
O sindicato SATSE proxectará no salón de actos un documental que repasa a xesta de Isabel Zendal, a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria.
A asociación Adrovi instalará ademais unha mesa informativa nas entradas principais dos hospitais de Pontevedra poñendo a disposición dos profesionais de enfermaría todo o relacionado coa doazón e transplante.