Identifican unha moza por roubar camisetas en tres tendas da 'milla de ouro'
Por Redacción
A Policía Nacional identificou este xoves unha moza de 20 anos como suposta autora dunha falta de furto tras ser retida cando intentaba levarse unha camiseta dunha coñecida tenda de roupa de Benito Corbal.
O persoal da tenda retívoa ao decatarse de que intentaba levarse roupa e alertou a Policía Nacional. Cando chegaron os axentes, sobre as 12.20 horas deste xoves, cacheárona e descubriron que esa tenda trataba de furtar unha camiseta.
As indagacións realizadas polos axentes permitíronlles descubrir que pouco antes substraera outras dúas camisetas de senllas tendas de roupa da mesma rúa, a coñecida como "milla de ouro" de Pontevedra.