Feridos os dous ocupantes dun vehículo que envorcou en Ribadumia
Por Redacción
Dous
homes de 29 e 33 anos resultaron feridos e tiveron que ser trasladados ao Hospital Domínguez de Ribadumia tras sufrir un accidente no que envorcou o vehículo no que circulaban en Ribadumia. Un deles quedou atrapado e tivo que ser excarcerado.Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 23.00 horas á altura do quilómetro 2 da estrada EP-9509, que une as localidades de San Marcos e Barrantes, ao seu paso polo Hotel San Marcos en Ribadumia.
O 112 recibiu a alerta por parte de Urxencias Médicas de Galicia 061 e derivou ao lugar a Garda Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil de Ribadumia e o equipo de excarceración dos Bombeiros de Vilagarcía, que tiveron que rescatar un dos ocupantes do vehículo.
Persoal médico do PAC de Ribadumia prestou unha primeira asistencia aos feridos no lugar do sinistro e, a continuación, unha ambulancia asistencia do 061 trasladou ao Hospital Domínguez ao mozo de 29 anos José Manuel Mosteiro García en estado grave, segundo fontes sanitarias. Trátase do ferido que tivera que ser excarcerado e é veciño do Corbillón.
A continuación, unha ambulancia de Protección Civil de Cambados trasladou o outro ferido, o mozo de 33 anos César Fandiño González, veciño de Xil, ao Hospital Dóminguez. No seu caso, segundo os primeiros diagnósticos, presentaba un estado leve.