O BNG de Marín rexeita a decisión do Concello de non apoiar a Feira do Libro
Por Sara López Lago
O Bloque Nacionalista Galego de Marín expresa o seu rexeitamento pola decisión do Concello de non apoiar económicamente a realización da Feira do Libro na localidade. O evento non se poderá levar a cabo sen o patrocinio do Concello.
A decisión foi cuestionada nun pleno a principios de abril pola concelleira do BNG, Lucía Santos, que preguntou polos motivos que levaron ao goberno do PP a rexeitar o apoio a esta iniciativa cultural. A alcaldesa, María Ramallo, respondeu que os elevados custos de casetas e material non podían ser asumidos polo Concello.
O consello local do BNG expresou o seu desacordo, apuntando que un evento destas características dinamizaría a cidade en termos tanto económicos como sociais.
O comunicado tamén afirma que a realización da Feira do Libro sería unha forma de apostar e poñer en valor a cultura, "un ben en se mesmo que eleva unha sociedade e enriquece aos seus membros", e pon en dúbida os obxectivos do PP á hora de investir diñeiro noutros eventos "de dubidosa reputación e limitado impacto social e económico".