A xestión de Cubela en Cerdedo-Cotobade é unha referencia para o PP de Poio
Por Oskar Viéitez
O presidente e voceiro do grupo municipal do PP de Poio, Ángel Moldes, e o presidente da xestora de Cerdedo-Cotobade, o tamén popular Jorge Cubela, mantiveron este luns unha reunión de traballo na que abordaron algunhas das problemáticas e necesidades comúns de ambos concellos.
Moldes buscou coñecer os detalles de varias medidas aplicadas en Cerdedo-Cotobade nos últimos meses, en particular en materia fiscal e de xestión.
En clave electoral Moldes anunciou que xa está a elaborar "un proxecto alternativo e realista" para gobernar o concello de Poio a partir de 2019.
Moldes puntualizou que, "evidentemente, a fusión non é aplicable a Poio", pero que as medidas implantadas por Cubela demostran que "cando un alcalde ten ideas, proxecto e vontade de tomar decisións, pode conseguir moitas cousas".