O BNG anuncia unha sorpresa na cea do Recinto Feiral á que xa se apuntaron máis de 1.800 persoas
Por Redacción
Os concelleiros do goberno local do BNG, Anabel Gulías e Demetrio Gómez, informaban este sábado sobre o número de persoas que xa se anotaron á cea que a formación nacionalista levará a cabo o vindeiro venres 4 de maio no Recinto Feiral de Pontevedra.
A cifra supera as 1.800 persoas e os encargados da organización queren limitar a asistencia a 2.000 comensais.
Anabel Gulías mostrábase "abrumada" polo número de veciños do municipio que se quixeron apuntar a este acto do BNG no que se fará un balance dos anos no goberno e das previsións de fronte ao futuro.
Os dous representantes da agrupación frontista indicaron que todas as empresas que están a participar na organización son do municipio destacando o traballo que leva a elaboración de comida para tantos asistentes, como a instalación de todos os elementos para un acto destas características no que haberá momento para a música e para discursos.
Demetrio Gómez e Anabel Gulías adiantaron que haberá unha "sorpresa" relacionada co sector creativo da cidade nesta cita. Pero ambos se negaron a desvelar máis datos sobre esta circunstancia.
Os concelleiros lembraron que xa se están realizando as últimas invitacións pero indicaron que os que non se apuntaron aínda poden facelo de maneira persoal no local do BNG, que se atopa en cálea Marquesa