Da positivo por alcoholemia dúas veces na mesma noite, a segunda tras sufrir un accidente
Por Redacción
Dous positivos por alcoholemia na mesma noite, o segundo deles tras sufrir un accidente de tráfico. ÿ o balance da condución que un home de 51 anos de idade, V.A.E.P., veciño de Cotobade, protagonizou na madrugada do sábado ao domingo. A Garda Civil impútalle senllos delitos contra a seguridade viaria ao conducir baixo os efectos do alcohol, un nivel que no primeiro control triplicaba a taxa permitida.
O seu primeiro encontro coa Garda Civil produciuse nun control preventivo de alcoholemia que persoal do Subsector de Tráfico de Pontevedra estaban realizando en Barro, concretamente no punto kilométrico 10,200 da PO-531 entre Pontevedra e Baión. Conducía o seu turismo, un Ford Mondeo, baixo os efectos do alcohol. Deu un resultado positivo de 0,82 mg/l en aire espirado na primeira proba e un 0,76 mg/l, na segunda.
Malia que os axentes inmobilizáronlle o vehículo, o condutor quebrantou dita orde e ás 03.30 horas do mesmo día sufriu un accidente de circulación á altura do punto kilométrico 1,500 desa estrada. Ao chegar a Garda Civil, comprobaron que se trataba da mesma persoa. Tras perder o control do vehículo, cruzou unha rotonda, provocando danos no bordo de cemento, no sinal vertical de intersección xiratoria, no seto vexetal e noutros elementos da glorieta.
Segundo a Garda Civil, tras detectar que presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, volveron realizarlle un control de alcoholemia, na que arroxou un resultados de 0,61 mg/l e 0,57 mg/l na primeira e segunda proba respectivamente. Ademais do segundo delito contra a seguridade vial imputóuselle tamén unha falta contra a orde pública por quebrantar a inmobilización.
O condutor foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Caldas de Reis.