Máis de 100 familias sumánse a unha actividade de reforestación de terreos afectados polos incendios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/424/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5adca1eb38-img_0657.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/3dd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5adca223d5-img_0665.jpg)
© Concello de Ponte Caldelas
Máis de 300 persoas, pertencentes a máis de 100 familias chegadas de toda Galicia, sumáronse este domingo á comida de Primavera de Ponte Caldelas, un acto que comezou cunha actuación de voluntariado ambiental e no que colaboraron a asociación CISV Galicia, o colectivo local ambientalista A Rente do Chan e o Concello de Ponte Caldelas.
A actividade previa tivo lugar nas marxes do río San Vicente, onde os nenos pasaron a mañá eliminando especies exóticas invasoras e repoboaron a zona, afectada polos incendios do pasado outono, con árbores apropiadas para este ecosistema: freixos, pradarios, espiños, cerdeiras e castiñeiros.
O día rematou cunha comida que se celebrou no asador de El Chavo.
A asociación Children's International Summer Villages (CISv) é unha asociación de voluntariado internacional de educación para a paz que basea as súas actividades en catro piares fundamentais: a diversidade, os dereitos humanos, a resolución de conflitos e o desenvolvemento sostible. Organiza todo tipo de accións de intercambio, con especial atención aos campamentos para a formación de amizades interculturais.
O colectivo A Rente do Chan está formado por voluntarios locais que están traballando activamente coidando da paisaxe, buscando alternativas produtivas ao eucalipto.