40 coches en caravana para denunciar a discriminación laboral do persoal de Xustiza
Por Redacción
Catro decenas de vehículos adornados con globos percorreron este mércores o centro de Pontevedra reivindicando unha subida salarial para o persoal de Xustiza. Trátase dun novo acto dentro das iniciativas que o comité de folga está a levar a cabo dentro deste conflito que se iniciaba o 7 de febreiro e que leva camiño de cumprir os dous meses de duración.
Os traballadores seguen denunciando prepotencia por parte da Xunta de Galicia durante a negociación e manteñen a súa oposición á discriminación laboral que consideran que están a sufrir respecto doutras comunidades.
Segundo os sindicatos, o seguimento durante a xornada deste mércores alcanzou o 86% na provincia. Pola súa banda, a Xunta rebaixa esa cifra ata o 37,29%.
Para este xoves 5, a partir das 11.30 horas, o comité de folga convocou unha concentración na praza da Peregrina. Neste novo acto de protesta, os participantes levarán caretas de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, nas que constará a palabra "mentireiro". Teñen previsto portar candeas e vestimentas rechamantes.
Relacionadas:
-
Rueda anuncia que esta semana se convocará a mesa de negociación na administración de xustiza
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín |
-
"Contra a prepotencia, resistencia"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Como ser Alfonso Rueda
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xornada de votacións nos xulgados da Parda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O comité de folga consulta aos funcionarios de xustiza se se planta na subida de 190 euros
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada