A cuarta parte da poboación identifícase como non crente ou atea
Por Oskar Viéitez
A cuarta parte da poboación española identifícase como non crente (16,5%) ou atea (9,8%), segundo a última sondaxe do CIS de febreiro de 2018 no que se constata unha diminución no número de quen se identifica como católicos.
Tamén aumentou 12 puntos no últimos oito anos a porcentaxe de quen case nunca practica a súa relixión e aumentou en 10 puntos en número de persoas que consideran a relixión nada importante.
Segundo os datos de febreiro de 2018, un 66,9% dos enquisados defínense como católicos, unha cifra que descende ano tras ano, mentres que aumentaron un 1,2% os crentes doutras relixións, respecto de 2017.
Os datos da última memoria publicada pola diocese de Santiago de Compostela, conformada por 1.070 parroquias e 15 monaterios, sinalan que hai 460 sacerdotes, 789 relixiosos.
Pero ademais destes templos do catolicismo existen na provincia de Pontevedra outros 101 lugares de culto ligados a unha decena de relixións minoritarias, segundo os datos ofrecidos polo Observatorio do Pluralismo Relixioso en España.
A evangélica é a segunda relixión máis representada, seguida das Testemuñas de Jehová e a bastante distancia atópanse os musulmáns.
Na provincia de Pontevedra residen 6.243 crentes en Alá, segundo o balance anual da Unión de Comunidades Islámicas (Ucide). Un colectivo maioritariamente formado por cidadáns marroquís, seguidos de senegaleses.