Morante de la Puebla, apoderado por Manolo Lozano, estará na Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia
O destro sevillano "Morante de la Puebla" estará presente na próxima Feira Taurina da Peregrina do mes de agosto. Así o publicou a revista Aplausos. Aínda que non transcendeu a data concreta, é previsible que sexa o primeiro fin de semana de Feira, xa que o seguinte ten outro compromiso en Xixón.
A súa presenza en Pontevedra, como nesta tempada e a de 2019 vén de man dun Lozano. José Antonio Morante e Manolo Lozano asinaron o pasado outubro o contrato polo que o veterano empresario, retomaba a súa faceta como apoderado taurino e o sevillano a súa decisión de volver aos ruedos, tras a súa repentina decisión en agosto de suspender a tempada.
"Morante de la Puebla" viña manifestando as súas discrepancias co tipo de touro que estaba a saír ás prazas, pasados de peso e que lle levaron a desmotivarse e non terminar a campaña do pasado 2017. Así as cousas, foi o propio Morante quen se puxo en contacto con Manolo Lozano para que levara a súa traxectoria profesional ata o 2019.
Segundo manifestaron por diferentes medios, o destro sevillano non quere facer unha tempada cargada de festexos, polo que pensaron nuns vintecinco - que finalmente pode ser algunho máis - e coidando o animal das lidias. Aínda que inicialmente falábase de inicio da tempada en xuño, será finalmente na Feira de Xerez de maio, en cuxo cartel por certo, quedou inmortalizado o toureiro.
A última ocasión en que a afección pontevedresa puido ver a Morante foi na edición taurina de 2016, compartindo cartel con Julián López "el Juli" e un debutante Roca Rey (touros de Alcurrucén). Naquela última ocasión o destro sevillano foise sen carga, mentres que os seus compañeiros de terna saían aos ombreiros pola porta grande. O certo é que a "Morante de la Puebla" resistíuselle a porta grande de San Roque. En ningunha das catro ocasiones en que toureou nesta cidade - 2009, 2013, 2015 e 2016 -, saíu aos ombreiros.
Relacionadas:
-
A Feira Taurina da Peregrina comezará o 5 de agosto coa nova Lei de Espectáculos de Galicia en vigor
Por Marisa Ciordia |
-
Tres foron tres (orellas) e ningún (touro) era bo
Por Marisa Ciordia & Diego Torrado |
-
Triunfo de "El Juli", grandes detalles taurinos de Morante de la Puebla e nova decepción de Ponce
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |