Bueu apúntase ao 'Pop-Up Store', un evento que fusiona actividades comerciais e de lecer
Por Redacción
Bueu apúntase ao Pop-Up Store. De que se trata? Dun novo concepto de evento, que reúne de forma temporal actividades comerciais e de ocio. Así defíneo un dos seus organizadores, Eugenio Blanco. Nace da man de catro comerciantes da vil: ÿptica Bueu, Eugenio Blanco ÿpticos, Carmen Davila e Oxford Boutique, que xuntos abrirán os días 2, 3 e 4 de maio este espazo efímero nun local da rúa Eduardo Vincenti.
Durante tres días presentarán as novidades das marcas máis representativas dos seus negocios, para ver, tocar e probar. Pero tamén contarán cun amplo programa de actividades da man de 8 profesionais que dinamizarán o evento.
Os asistentes recibirán asesoramento estético personalizado a cargo de Rosana Estévez, poderán degustar xamón grazas á colaboración de Carnicería- Charcutería Jose, e Casa Quintela ofrecerá os seus afamados 'Pintxos de Cris'. E o público infantil tamén o pasará en grande con actividades a cargo de Casa K, con Olalla González e Mark Toeger.
Para os adultos ofrecerase o venres unha cata de Gin Premium e degustación de cócteles con Delux Cofee e Glam's Night. A programación rematará o sábado coa actuación musical do grupo Eliela, para facer disfrutar a nenos e maiores a partir das 21:00 horas.
Ademais, os organizadores están a coidar con moito mimo todo o que rodea á Pop Up Store: a decoración do espazo da man de Labola Creativos, a ambientación musical, onde contarán cunha selección de discos de vinilo, as video-reportaxes a cargo de Nyxstyle, e moitas outras sorpresas nas que aínda traballan.
Todas as novidades do evento pódense seguir na páxina de Facebook: https://www.facebook.com/PopUpStoreBueu
Os seus organizadores animan a todo o público a que descubra esta experiencia tan novidosa que se celebrará "onde menos o esperas".