Ponte Caldelas desvela o cartel da 47 edición da Festa da Troita
Por Redacción
Xa queda menos para a XLVII edición da Festa da Troita de Ponte Caldelas. O Concello volveu a seleccionar, a través do concurso organizado para ese efecto, o cartel que servirá como anunciador dun dos eventos gastronómicos máis populares da provincia de Pontevedra. Funcionará como principal elemento promocional da Festa da Troita que foi declarada como Festa de Interese Turístico e que se celebrará os días 25 e 26 de maio.
Un total de 17 carteis e 34 fotografías concursaron polos diferentes premios, con obras procedentes de toda a xeografía galega e nacional. Nesta ocasión resultou ganadora a obra denominada LA GRAN FIESTA presentada por Rubén Alesandro Lucas García. Dela, o xurado valorou principalmente a idea e a mensaxe creativa.
Así mesmo dáse a circunstancia especial da procedencia do traballo premiado dunha localidade tan distante de Ponte Caldelas como pode ser o municipio de Torreagüera en Murcia. Este feito é unha mostra do interese que este concurso vén espertando en todo o panorama nacional xa que tanto nesta edición como en anteriores é normal ver obras presentadas desde os diferentes puntos da xeografía nacional.
En relación co Concurso de Fotografía o mesmo xurado elixiu os seguintes premios:
- PRIMEIRO PREMIO ao traballo denominado ENFEITIZADO presentado por Ramón Rodríguez Sobral .
- SEGUNDO PREMIO ao traballo denominado AS PONTES DE PONTE CALDELAS POLA NOITE presentado por Iago Manoel Souto Lorenzo.
- TERCEIRO PREMIO ao traballo denominado SEMPRE ATENTO presentado por Isabel Núñez Montero.
Neste caso dáse a circunstancia de que o primeiro premio repite con respecto á edición 2012.
Perfecto Rodríguez, alcalde de Ponte Caldelas, valora de forma moi positiva estes concursos dada a notable participación así como a calidade dos traballos presentados, así como felicita aos ganadores e agradece a participación de todas as obras presentadas. Destaca tamén o feito de que en todas as edicións preséntanse varios traballos que serían merecedores de alcanzar premio e que ás veces "ata dá pena" descartalos, pero, tal e como establecen as bases e como manda a lóxica, só un cartel pode representar á Festa da Troita cada ano e só tres fotografas poden ser as premiadas.