Denunciado por tirar o lixo pola fiestra
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra ven de formular unha denuncia exemplarizante a un veciño da rúa Uruguayo para concienciar sobre o uso correcto dos servizos e mobiliario urbano de recollida de lixo.
Os veciños da rúa Uruguay levaban varios dias manifestando as súas queixas aos axentes e a Xefatura Local por un veciño que non baixaba ao colector para deixar a bolsa do lixo, botábaa abaixo directamente pola fiestra dende un sexto piso.
Na noite do domingo, unha patrulla policial que realizaba tarefas de vixilancia pola zona sorprendeuno coas mans na masa ou, máis concretamente, coa bolsa do lixo polo aire.
Nese mesmo momento, segundo informou o voceiro da Policía Local, os axentes procederon a denuncialo pola súa conduta. Tamén verificaron que era o mesmo veciño que suscitara as queixas dos veciños.