Sufocan un incendio nunha vivenda desocupada en Lourido
Por Diego Espiño
Os efectivos de emerxencia tiveron que actuar de madrugada na zona de Lourido, en Poio, para sufocar o incendio declarado nunha vivenda.
A edificación, unha casa antiga de planta baixa con dúas habitacións e cociña, atopábase desocupada desde hai uns anos.
Por causas que aínda se descoñecen o lume declarouse pouco despois das 23:00 horas da noite do domingo. Ao tratarse dunha situación sen risco aparente para a integridade física das persoas, o 112 trasladou trasladou o avisou aos efectivos de Emerxencias Sanxenxo, que foron mobilizados ás 23:28 horas.
Eles xunto a persoal de Protección Civil de Poio e da Garda Civil acudiron ao lugar para sufocar o incendio, que afectou a unha das habitacións e que provocou que se derrubase o tellado.
Aínda que mobilizados, os Bombeiros do Salnés non chegaron a actuar ao controlar a situación os compañeiros de Emerxencias Sanxenxo, que abandonar o lugar ao fío da 1:00 da madrugada.
Ao tratarse dunha vivenda deshabitada non houbo que lamentar feridos.