Gastando pista no Flash Mob da Peregrina
Por Redacción
A Praza da Peregrina convértese nunha pista de baile. Soa a música latina da Balada Boa de Gusttavo Lima e un grupo de mozos inician unha danza ritmica á que se van sumando máis bailarins. Todo baixo unha estética improvisada. Os paseantes vense sorprendidos pola coreografía e en pouco tempo se forma un grupo amplo de espectadores que seguen os movementos dos máis de trinta mozos.
ÿ un Flash Mob e moi pouco do que se desenvolve nesta actividade resulta improvisado. Dende hai varias semanas estes pontevedreses viñeron ensaiando este baile na Casa Azul baixo a atenta mirada dos monitores Verónica Aboy e Miguel Quiroga. O Flash Mob é un dos movementos de actividade social que están de moda grazas ás redes sociais e o obxectivo se centra en realizar unha actividade inusual nun espazo público. Unha vez realizada a actividade, os protagonistas dispérsanse con rapidez.
Agora, a través de Telenoites o vídeo xa se encontra en Youtube. Aquí podes velo: